CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SURFING 2024
O concello de Valdoviño acollerá por sétimo ano consecutivo a cita na que se coñecerán aos novos reis e raíñas do surf español.
A Federación Española de Surfing confirma a celebración do Campionato de España de Surf 2024. Será os próximos días 28 de xuño ao 7 de xullo, e, nesta ocasión, será na praia de Pantín, Valdoviño, na comarca de Ferrolterra.
