O concello de Valdoviño acollerá por sétimo ano consecutivo a cita na que se coñecerán aos novos reis e raíñas do surf español.
A Federación Española de Surfing confirma a celebración do Campionato de España de Surf 2024. Será os próximos días 28 de xuño ao 7 de xullo, e, nesta ocasión, será na praia de Pantín, Valdoviño, na comarca de Ferrolterra.
As inscricións abriranse a próxima semana.
A ventá de competición para este 2024 quedaría así*:
*As datas son orientativas e poden sufrir modificacións.
Toda a información sobre o Campionato de España de Surfing 2024 irase publicando na páxina oficial www.cesurf.es ou a través das redes sociais da Federación Española de Surfing:
Twitter: @fesurfing_
Instagram: @fesurfing_
Facebook: FESurfing